![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj0q_aLkE0-3wwM-c_bq9N-WIntROWkMvwd8WTD12eKMqQJJyS5x94bpbFKut4JDzFsfMzU6Fb_7ZKVNhrqgYof0Sgy8UfLglEN1btD0kKVXLea6hJHQiOS2_I1f7sOgypoJ0D_osSh2D-f/s320/antonionogueira.jpg)
Na foto vemos a factura dunha caixa que mercou nunha tenda de Vitoria (Daquela non habia internet pero comprabase a distancia igual ca hoxe e o paquete viña no tren). Como tamborileiro tocaba a caixa na compaña doutros músicos de Bendilló, un dos grupos dos que formou parte, estaba composto por Dioniso Carretero no clarinete, Cesareo Campos no bombo, Jose Rodríguez Gonzalez na gaita e o noso protagonista na caixa.
A saúde de Antonio nunca foi boa, de neno tivera un accidente que o deixou medio encorvado polo que con frecuencia ia tomar os baños a Baños de Molgas, quizais por eso quedou solteiro, o caso foi que con só 53 anos, ainda novo, finou na aldea de Bendilló, deixou familia e amigos e un bo recordo na memoria de todos eles.
Hola Ana, enhoraboa polo blog.Estas facendo un gran traballo. Son pequenas historias, pero grandes historias de Bendillo. Moitos bicos e apertas.
ResponderEliminar