viernes, 24 de agosto de 2012

FOTOGRAFIAS ANTIGAS


Para os que estes dias estedes por Bendilló, vou recomendar unhos libros de fotografías antigas que se poden mercar en Quiroga e San Clodio e nos que saen fotos de xente de Bendilló, o primeiro leva por título “Os nosos devanceiros: Quiroga, Ribas de Sil e O Courel” recopilado por Jesús Rio e Manoel Carrete, podedelo atopar na librería Celia na rúa Real de Quiroga, fotos en blanco e negro moi interesantes; a outra recomendación é o libro de fotos de San Clodio do xenial Antonio Vidal, neste blog xa publicamos algunha das súas fotos, lembrade o Maruxo, pois xa se pode atopar o libro e cd no bar Central de San Clodio, nada mais engadir, que pasedes todos boas festas do San Xoan, vémonos en Bendilló.

No hay comentarios:

Publicar un comentario