viernes, 8 de julio de 2011

O MARUXO




Aurelio Nogueira, coñecido como "O Maruxo" foi veciño de Bendilló, todo un personaxe na nosa aldea, no futuro faremoslle unha semblanza recollendo o testimonio dos que o coñeceron en vida, nesta ocasión queremos mostrar unha magnifica serie de fotografías realizadas polo fotógrafo de San Clodio: Antonio Vidal (1915-1994), se vos interesa a obra desde gran profesional existe un libro de imaxes publicado polo Concello de Ribas de Sil, que mostra a gran calidade de este autor que xa se pode observar nas fotos que hoxe publicamos; queremos agradecer profundamente a autorización que nos deron para publicar neste blog as súas fotografías.

2 comentarios:

  1. Os meus parabéns por ese novo e repentino xiro a historia de Bendillo magnifico aporte. Descoñecía a esistencia de este fotógrafo, agora estou ávido por conseguir o libro. Espero que non sexa moi difícil atopalo. Gracias

    Un saudo

    ResponderEliminar
  2. Recordo máis dunha vez ao Aurelio Nogueira camiñando paseniñamente cara a estación de Soldón - Sequeiros co obxectivo de coller un tren de mercancías para ir ata San Clodio. Unha vez, un empregado do ferrocarril para facerse o galo saíu cun ferro para botalo do estribo do vagón onde iba subido. A súa vida non foi para nada un camiño de rosas, máis ben de exclusión, miseria e soidade, na que non faltou algunha malleira dos fascistas de turno que tanto abundaron na zona.Afortunadamente os tempos cambian.

    ResponderEliminar