viernes, 21 de septiembre de 2012

A EMIGRACION CARA O NORTE: PARTE I


      Hoxe esta imaxe colgada no Facebook de Bendilló por Sara Fernandez Vidal, nos dá pé para falar doutro tema que deixou unha forte pegada nas xentes de Bendilló: a Emigración.
Nesta fermosa estampa aparecen os seguintes homes de Bendilló e Vilar de Mondelo que emigraron cara o norte (e dicir EEUU) a finais dos anos 20 e principios dos 30, de izquierda a derecha:

1.- Ramon Nogueira
2.- Lino Nogueira
3.- Casimiro Mondelo
4.- Alvaro Vidal
5.- Ceferino Vidal
6.- Casimiro Nogueira
7.- Teodoro Diaz

      En concreto a imaxe foi tomada seguramente en Nova Iork, entre 1928-1932, podemos facer esta afirmación porque é nestes anos cando un dos protagonistas da imaxe, Ceferino Vidal, permanece no norte. A sensación que transmite a imaxe, é a de uns homes exitosos que acadaron o soño de gañar a vida en Nova Iork, bos traxes, reloxos no peto e puros habanos, pintanos a estampa da prosperidade; pero tras esta idilica imaxe atopabase outra realidade ben distinta.

      O señor Ceferino xa intentou no ano 1914 acadar o soño americano, asi consta na base de datos da Ellis Island, o 24 de Abril de este ano chegou a Nova Iork un mozo de 21 anos de nome Ceferino Vidal, viaxaba no Mauritania procedente de Liverpol en compañía de outros homes de Quiroga1, pero esta primeira aventura non saliu ben, él e todolos que de Quiroga viaxaron o seu carón foron deportados de novo cara a Galicia.

      O noso protagonista volveu a Nova Iork anos despois, ya casado e con duas fillas, deixounas en Bendilló e foi en busca dunha vida mellor, non sabemos porque porto entrou ou se fixo o viaxe primeiro a outro destino a despois os EEUU, o caso e que residiu en Nova Iork dende 1928 ata 1932 ano no que retournou ca súa familia. Da súa estancia ademais da foto que encabeza este artigo temos unha carta que ofrece unha testemuña das dificultades que atopaban os emigrantes na súa busqueda de maior benestar. Na carta enviada por Ceferino a seu primo Jose Vidal2 relata o seguinte:

Sr. Jose Vidal
Bendilló
Mi mas estimado primo esta es para decirle que recibi una carta suya y enterado de ella veo que esta bien de salud de lo que me alegro infinito quedando yo bien por el momento
pues querido primo con respeto a lo que me dice si le podia mandar mil pesetas pues le digo que lo siento bastante el no poder complacerle en sus deseos porque yo bien reconozco en el apuro que se ve un hombre en esas ocasiones pero hoy ya le digo me es imposible porque todo lo que tenia se lo mande a un amigo a la Habana para venir para este y todavía no vino que esta muy grave para venir, ahora que para otra ocasión mas tarde puede ser que se lo pueda mandar yo de buena gana se lo mandaba ahora, pero no puedo pues tambien me dice que queria mandar el muchacho para esta pues alla usted pero mi consejo no lo mande yo le voy a esplicar todo como es tiene que mandarlo a Cuba para mandarlo alli necesita 1000 pesetas luego en Cuba no gana ni para comer y para venir de Cuba para esta le cuesta como 600 pesos americanos y despues aun no se sabe como le andará la cosa que muchos los llevan para España por no podernos sacar a tierra y otros salen y despues que estan en tierra los agarra la emigración y los lleva para sus paises despues de tenerlos 3 o 4 meses presos, asi que fijese como esta la cosa ahora yo no le quito que venga alla ustedes yo le digo todo lo que se, sin molestar más su atención salude a mi familia y a Julio y a toda su familia y usted revibe los mayores aprecios deste su primo que le quiere y verlo desea.
Ceferino Vidal

Señas son: 406 Simon ave.
Lackawanna N.Y. U.S.A.

Marzo 15 de 1929
Dispense del segundo apellido que es […] que no la vaya agarrar otro3

      O que se reflexa nesta carta son as enormes dificultades que habia en Galicia e que son a causa da emigración e as penalidades que tiñan que sufrir os nosos paisanos cando se decantaban por esa via, a deportación, a carcere, a separación da familia, etc.. como vemos non eran as cousas do cor de rosa que a foto parecia transmitir, a emigración, o fin, era un drama e só uns poucos lograban materializar o soño americano, todos os que aparecen nesta foto regresaron a Galicia.

1Na base de datos figuran como procedentes de San Martín – Lugo, o nome da vila de Quiroga é o de San Martin de Quiroga, ainda que hoxe só se usa Quiroga.
2A carta pertenece o arquivo familiar da familia Nogueira Vidal.
3No sobre figura o destinatario Jose Vidal “Zanfona” este non é o segundo apelido, senon o alcume co que se conoce a Jose en Bendilló, o home era coñecido por tocar este instrumento tradicional galego: a Zanfona.

2 comentarios:

  1. La carta es del "29" y desde luego no era el mejor momento para ir a hacer las americas...fueron malos tiempos tambien alli y muchos los gallegos que los padecieron.

    ResponderEliminar
  2. Efectivamente, malos tiempos .. el crack de 1929 en Wall Street, supone el comienzo de una gran crisis en EEUU, esta era la gran crisis del capitalismo hasta nuestros dias ...

    ResponderEliminar