domingo, 1 de agosto de 2010

ANTONIO NOGUEIRA ABELAIRA



Antonio Nogueira Abelaira naceu en Bendilló o seis de decembro de 1913 as seis da mañá, foi o segundo dos catro fillos que tiveron Faustino Nogueira e Gertrudis Abelaira, a mala sorte quixo que él e mais os seus irmáns quedasen orfos moi cedo, nunhos tempos nos que habia moita necesidade; cos anos convertiuse en practicante, músico e barbeiro, nin mais nin menos, na súa casa (que tiña por nome a Casa da Hedra segundo contan os mais vellos), sempre habia xente, alguen que se viña afeitar outro a poñer unha inxeccion, era un home a decir de todos bo e cariñoso.
Na foto vemos a factura dunha caixa que mercou nunha tenda de Vitoria (Daquela non habia internet pero comprabase a distancia igual ca hoxe e o paquete viña no tren). Como tamborileiro tocaba a caixa na compaña doutros músicos de Bendilló, un dos grupos dos que formou parte, estaba composto por Dioniso Carretero no clarinete, Cesareo Campos no bombo, Jose Rodríguez Gonzalez na gaita e o noso protagonista na caixa.
A saúde de Antonio nunca foi boa, de neno tivera un accidente que o deixou medio encorvado polo que con frecuencia ia tomar os baños a Baños de Molgas, quizais por eso quedou solteiro, o caso foi que con só 53 anos, ainda novo, finou na aldea de Bendilló, deixou familia e amigos e un bo recordo na memoria de todos eles.