miércoles, 13 de abril de 2011

1811: RECOÑECEMENTO E TAXA DE BENS PARA O COBRO DE RENDAS

O documento mais antigo achado no arquivo particular de Gertrudis Nogueira Vidal data de 1811 e consiste nun caderno manuscrito de 61 folios (122 páxinas) que posiblemente tería máis pero faltan os folios do principio e os do final, atados cun fío e en estado deficiente de conservación. A pesar diso podemos extraer a conclusión de que o documento consiste nunha relación de bens de varios veciños elaborada por peritos habilitados para o cobro de rendas por parte da igrexa. Así podemos ler en varios fragmentos o seguinte:

“... proceder a su desempeño vien y fielmente, sin agravios a ningún interesado; en efecto con presencia del testimonio de Apeo, memorial de vienes y poseedores y deligencias con estos practicadas, procedió al reconocimiento y tasa de dichos vienes y subsidiariamente, a la distribución y prorrateo de rentas, entre los poseedores ... “

“ ... de la renta del foral Grande de la Iglesia de Santa Maria de Vendillo [...] sus bienes [...] referido lugar y sus terminos por el qual se pagan por medio de sus poseedores [...] dieciocho canados de vino [...] y según conbenio berbal que sus poseedores y el cura actual y su antecesor D. Josef Diaz de Guitian han hecho según consta del último prorrateo que asi tambien combiene el actual cura parroco D. Joaquin Agustín Arias [...]”

Despois da introdución e exposición dos primeiros folios, o que atopamos é unha sucesión das partidas que compoñen o foral e a quen pertencen: listado de partidas

O listado ten até setenta persoas, como os folios do final do caderno estan deteriorados, supoñemos que a relación de persoas enumeradas seria maior, transcribiremos o contido que fai referencia a Antonio Abelaira (Cima de Vila - Vindillo) con grafía actual para a súa mellor comprensión. Partida de Antonio Abelaira.

En xeral en todas as partidas inclúese unha relación das leiras aforadas cos seus lindes, número de partida dentro do apeo e memorial[1] , descrición, valor e o importe en diñeiro e/ou especies que deben pagar á Igrexa[2] .

Todo o documento esta escrito en castelán, aínda que o galego úsase en todos os topónimos dos numerosos lugares de Bendilló que se enumeran. Desde 1811 até a actualidade moitos deses topónimos cambiaron a grafía e nalgúns casos sufriron modificación, vease Vindillo = Bendilló ou a Esfarrapa = Farrapa.


[1] Definición de Apeo: trátase dun documento xuridico onde se fai reconto e delimitación de todas as heredades que nun determinado lugar correspondian, no noso caso a Encomenda de Quiroga, ben por ser da súa propiedade ou ben por exercer determinados dereitos sobre o mesmo.

[2] Neste caso a Encomenda de Quiroga.

jueves, 7 de abril de 2011

"LA ALDEA GALLEGA. Estudio de derecho consuetudinario y economía popular"

Hoxe imos recomendar unha lectura moi interesante: "La aldea gallega. Estudio de derecho consuetudinario y economia popular" Nicolas Tenorio, 1914; a obra podémola atopar en: http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2008/01/15-g1_la-aldea-gallega.pdf pra todos aqueles que lles interese a Antropoloxía cultural de Galicia. A proximidade de Bendilló coa zona na que se centra o estudo (Viana do Bolo), fai que se compartan moitas semellanzas, polo que a súa lectura é moi interesante pra entender e coñecer costumes que fai ben pouco tempo eran as nosas.

INSCRICIÓN NA FACHADA PRINCIPAL DA IGREXA DE BENDILLÓ

O noso entender reza a inscrición situada no alto da fachada principal da igrexa de Bendilló o seguinte: "HIZOSE ESTA OBRA EN EL AÑO DE 17..4; SIENDO CURA DON JOSEPH DIAZ DE GUITIAN". Temos dúbidas en cando a data, podería ser 1734 ou ben 1794, o certo e que este cura da feligresia de Santa Maria de Bendilló ocupaba o cargo no ano 1752 como se recolle no Catastro de Ensenada, e temos noticia de que xa no ano 1811 a praza de cura estaba ocupada por outro chamado D. Joaquin Agustin Arias. Estas datas só sinalan que se fixeron obras na igrexa, non indican o ano de construcción da mesma que con toda probabilidade e anterior.