miércoles, 18 de mayo de 2011

NOVA IMAXE INÉDITA



Hoxe de novo unha imaxe inédita que chegou ata nós grazas a Lucita, nela podemos atopar as dúas fillas da gaiteira de Bendilló, Felisa Vidal, son Lucita e Petra e mais dúas amigas que simulan tocar os instrumentos coma se fosen un cuarteto: clarinetes, bombo e caixa, parece que en Bendilló sempre houbo gran aficción pola música.