martes, 23 de octubre de 2012

O CASTRO DE PENADOMINGA


     Existe moito descoñecemento e confusión sobre o castro de Penadominga, os paisanos falan dun castelo con torre, e os investigadores unhas veces o situan na parroquia de Bendilló e outros na de Bendollo, tentaremos arroxar algo de luz ao asunto.

No Plan Xeral de ordenación Municipal de Quiroga dáselle ao lugar a denominación de Castro de Bendollo1, pero é coñecido popularmente como Castro de Penadominga esta situado nun espolón de forte pendente, preto do arroio de Peizais, ao norte parece ser que existe un corte que o fai innacesible e ao leste conta con tres fosos defensivos, é por tanto un asentamento fortificado, localizámolo no instituto xeografico nacional coas coordenadas UTM 29 x=648.600 y=4.700.800 (aprox. Lat. 42º26'43.39'' N e Lon. 7º11'38.82''W) e podemos observar unha interesante vista aerea onde se ven os muros de antigas construcións, persoas que o visitaron hai poucos anos indícannos que é innacesible desde Bendilló e existe un camiño desde Bendollo que leva ao lugar aínda que ao non estar limpos os camiños nin o lugar parece posible que a vexetación impida a súa observación, ademas o lugar a sido expoliado en numerosas ocasións polo que o xacemento esta en mal estado. 

     Cronoloxicamente o xacemento se situa entre os séculos IV e V d.c. Aínda que non foi obxecto dunha excavación sistematica; nos anos 50 D. Jose Perez achou diferentes restos arqueoloxicos que datan o xacemento: ferramentas de ferro, ceramica comun, ceramica sigillata, moedas, aneis, pezas de vidro e diferentes pezas de bronce entre elas varios botóns de bronce hispanorromanos que puideron ser da vestimenta dunha persoa ou do arnes de algun animal, tamen fibulas de bronce que se usaban no vestir das xentes, en concreto aparecen tres fibulas de distinta tipoloxia, pero sen dúbida o achado mais importante é a aparicion dun taboleiro de xogo chamado alquerque de nove2 e que é un dos mais antigos achados en galicia, este tipo de xogo seria un precedente das actuais damas, o xadrez ou o tres en raia; todos estes materiais están no Museo Provincial de Lugo e algúns forman parte da exposición permanente do Museo. 




     O asentamento parece estar habitado en diferentes períodos históricos  a planta circular das construcións apunta a unha orixe preromano, polo que a súa denominacion é a de Castro, moitos castros da idade de bronce e do ferro foron posteriormente ocupados polos romanos, existen moitos exemplos similares na serra do caurel, por exemplo: O Castro da Torre ou o de Vilar, en todos os casos a súa ocupación esta directamente relacionada coa explotación da mineria aurífera.

Pero a presenza humana no lugar non decae coa caida de Roma senón que persiste, asi parece apuntar o achado no castro de broches de cinto de época visigoda que se datarian de fins do século VI ao século VII, segundo os investigadores Jorge Lopez Quiroga e Monica Rodriguez Lovelle as pezas achadas en Penadominga non son anteriores ao ano 585 momento no que se produce a conquista do reino suevo de Galicia por parte dos visigodos e son pezas cunha clara influencia indixena.

      Non temos notica sen con posterioridade mantívose a ocupacion do asentamento, pero o que é seguro é que como minimo durante cinco séculos viviron persoas no lugar, para algúns autores o abandono dos castros deu paso ao nacemento das aldeas, tal e como as coñecemos actualmente, pero sen ruptura senón como unha evolucion na forma de asentarse no territorio das xentes cuxos antepasados viviron no castro.

1 Referencia no catalogo da Xunta: XA018
2 Esta peza aparece erroneamente na prensa “Caminata milenaria hacia Penadominga -la Voz de Galicia 11/01/2002” como "una pizarra de 47 por 32 cm en la que fue grabado un dibujo de la planta de un castillo o torre que debió de alzarse en lo alto del roquedal" esto non é certo a pizarra é un tabloleiro de xogo como explicamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario