lunes, 2 de julio de 2012

ESTAMOS DE VOLTA

Ola! despois dun tempo no dique seco, regreso con novas enerxias pra seguir contando historias de Bendilló, revisando os comentarios encontreime co do bisneto da Sra. Balbina Losada, que por desgracia non lin ata hoxe, interesame a historia do Sr. Hilario, asi que calquera que me queira contar cousas sobre él será moi benvido, pra contactarme: anacelta@hotmail.com

1886: VENTA DA TERRA DO ATRIO DA CAPELA DE SAN XOAN DAS FARRAPAS



No ano de 1886 temos un documento no arquivo da familia Nogueira Vidal que da testemuña da venta da terra do atrio da Capela de San Xoan das Farrapas, por parte de dous veciños o arcipreste de Quiroga:

“En la villa de San Martin de Quiroga y diez ocho de Agosto de mil ochocientos ochenta y seis, presentes los […] testigos, se presentaron Juan Lopez, casado, mayor de cincuenta años, vecino de Bendilló, provisto de su cédula personal y su convecino Atanasio Losadas, casado, mayor tambien de cincuenta años con su cédula personal y dijeron que, estando en el pleno uso de sus derechos civiles, vendían a Don Antonio Taso, arcipreste de Quiroga, que exhibió su cédula, número 143.
El primero, como unas tres maquilas de terrenos con algunas cepas y olivos al sitio que le llaman de la Esfárrapas, término de dicho Bendilló, que linda por naciente con camino público y por los demás puntos con terrenos de Domingo Nogueiras, vecino de Fiáis y mas […] al vendedor cuyo terreno se lo vende por la cantidad de siete cientos cuarenta reales y el Atanasio Losadas le vende en el mismo término, como unos dos cuartillos de terreno con un olivo en la cantidad de ciento treinta reales: cuyos terrenos venden a dicho Sr. Arcipreste con todos sus derechos y servidumbres para que los destine al atrio de la capilla, titulada de la Esfárrapas; los los vendedores se obligan con sus bienes habidos y por haber a hacer validas dichas ventas y lo mismo sus herederos y el comprador se obliga a facilitar paso de carro, a pie y con bueyes uncidos para el resto de la finca de Juan López, advirtiendo que dicho Sr. Arcipreste adquiere esta obligación por sí y a nombre del señor cura párroco que en tiempo fuese del referido Bendilló y lo mismo el dejar corrientes las aguas de la plazuela que se forme, al construir el muro, por medio de ahujeros, sin que nadie tenga derecho a privar de las que corresponden a cada propietario: ambos terrenos estan ya demarcados, como saben varios vecinos de Bendilló y las cantidades mencionadas las reciben en el acto en monedas corrientes de manos del comprador, siendo testigos de este contrato Don Angel Mourenza, Eugenio Rodriguez y Jose Benito Diaz, vecinos de San Martin que con vendedores y comprador firman. [rúbricas]”

Este interesante documento de compraventa data a construcción do atrio1 da capela da Farrapa, no ano 1886 no que ocorre esta transacción, a Encomenda de Quiroga xa non tiña no val de Quiroga ningunha igrexa, tras cincocentos anos de dominio absoluto no val todo o seu poder estaba desfeito por causa das leis desamortizadoras, a nosa igrexa que pertenzeu moito tempo a o Arzobispado de Astorga, nesta epoca seguiu adscrita á diocese de Astorga, non é ata moito despois no ano 1955 cando procedese o cambio a diocese de Lugo, a que pertenze na actualidade. Asi a compraventa do terreo do atrio faise ó arcipreste de Quiroga, que tiña a sé na vila de San Martin (a actual Quiroga), os centros de poder local trasladaronse das antiguas sés da Encomienda: os Novaes e San Salvador de Hospital cara a San Martin, onde ainda se manteñen. Centrandonos no contido do documento o primeiro que nos chama a atención son os cambios que o paso do tempo introduxo na toponimia, o que hoxe chamamos capela das Farrapas antes chamabase capela das Esfarrapas, como sempre que tratamos con textos antiguos as unidades de medida que utilizan xa estan esquecidas na actualidade, neste caso aparecen a maquila e o cuartillo2 como unidades de superficie.O documento da fe asemesmo dos cultivos principais do lugar, que non son outros que a vide o e olivo; e recolle todo o relativo os usos e costumbres que teñen que ver cas augas, as servidumbres de paso e todo aquello que atinge as labores agrárias é que é necesario deixar craras para evitar futuros problemas. Ainda que non temos noticia da data de construcción da capela das Farrapas este documento nos axuda a entender que a capela é anterior a 1886 e hoxe en dia segue destinada o seu uso orixinal o culto e devoción por San Xoan o patrón de Bendilló.


1O Atrio é o terreo situado xusto frente a porta de entrada, que esta cuberto cun tellado que sosteñen dous pilares de pedra.
2 Equivalencia da maquila = 66 m2; equivalencia do cuartillo = 10 m2


domingo, 6 de mayo de 2012

NA IGREXA PARROQUIAL


Un pequeno tesouro que posúe Bendilló atopase na súa igrexa parroquial, lexos de olladas indiscretas no campanario temos unha fermosa campá datada no 1678; de que xa vai velliña dá conta o estado no que se atopa, por desgraza ten unha fenda profunda que xa fai imposible o seu uso pra chamar a misa, menos mal que ainda temos outra campá operativa, mais moderna. Cantas belas postas de sol sobre ou rio Sil teran contemplado...

sábado, 24 de marzo de 2012

PATRIMONIO GALEGO

Hoxe vou recomendar a visita a un proxecto interesante que atopei gracias o Facebook, neste enlace podedes ver unha pequena conferencia do ideologo do proxecto:
o proxecto en cuestión trátase de unha paxina web que recolla o patrimonio cultural de Galicia, coa colaboración de todo@s, unha especie de Wikipedia do patrimonio, unha idea moi orixinal á que calquera de nos pódese sumar: http://patrimoniogalego.net/ xa levan catalogado mais de 1000 bens culturais.

miércoles, 7 de diciembre de 2011

EMIGRACIÓN A AMERICA










Hoxe imos recomendar varios enlaces moi interesantes, o primeiro é a páxina web de Torbeo http://www.torbeo.com/ que ten moita información e esta moi documentada, nela podemos atopar o segundo enlace recomendado http://www.ellisisland.org/ nesta páxina podemos atopar antepasados que foron a “facer as Americas”; entre 1881 e 1959 case 5,000,000 millóns de españois embarcaron rumbo o continente americano, foron xentes de Asturias, Cantabria, Cataluña, Andalucia pero a que mais emigrantes enviou foi Galicia, os galegos viaxaron e se asentaron principalmente en Arxentina, Cuba, Venezuela o México pero nesta web o que podemos é seguirlle a pista os que entraron por EEUU, haise que rexistrar para consultar os rexistros completos, pero paga a pena, asi podemos ver que homes e mulleres da nosa comarca chegaron a Nova Iork.



domingo, 7 de agosto de 2011

ANTIGUIDADE DA IGREXA DE BENDILLÓ


A nova mais antiga sobre a Igrexa de Bendilló de que temos constancia e de 1489, daquela xa existia a nosa igrexa tal e como se pon de manifesto no testamento de Ruy Gonzalez de Chan de Pena que aparece transcrito en “ Colección documental del Archivo de la Casa de Otero de Quiroga s. XIII-XVIII” Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Ed. Diputación provincial de Lugo, 2007; na ultima voluntade deste personaxe se recolle a súa intención de que tralo seu pasamento se donasen cinco maravedies para igrexa de Santa Maria de Bendilló:

Ytem mando sepultar este meu corpo no Espital de Quiroga, ante el altar de Santa Catalina, en un posado que ende está, si eu ante non ficere en él sepultura, e rogo a mis conpridores que corregan treu o dito poyo e fagan ande algua parte memoria si la eu non ficere antes. Ytem mando para la prol da yglesia cen marabedis de pares de blancas […] Ytem mando a Santalla de Bendollo veinte maravedís de pares de blancas para la prol da yglesia. Ytem mando a Santa María de Bendilló cinco maravedís para la prol da iglesia [...]”.

É posibel pese a todo que a súa existencia fose anterior, existe un convenio de 12331 entre o Bispo de Astorga Nuño I e a orde de San Xoan de Xerusalem sobre competencias e reparto de dereitos eclesiasticos nas igresas sanxoanistas situadas na diocese de Astorga, nombrando concretamente a igrexa de San Miguel de Montefurado, e dice, “con todalas demas igrexas de Quiroga”, neste derradeiro grupo cabe a posibilidade de que estuvese a Igrexa de Bendilló, que efectivamente pertencia a diocese de Astorga e sobre a cal a orde de San Xoan tiña dereito de presentación2 e patronato3.

Ata parece posibel que a existencia de Santa Maria de Bendilló fuese anterior a aparición da orde de San Xoan no val de Quiroga; non parece moi descabellado que lle ocurriese como a súa veciña Santa Eulalia de Bendollo, que en 12154 foi doada polo rei Afonso IX a Igrexa de Astorga e o seu bispo D. Pedro; en todo caso o seu protagonismo aparece eclipsado por outras igrexas mais importantes e grandes como a de Bendollo, Montefurado ou Hospital.

1GARCIA TATO, I. et al. “Las Encomiendas Gallegas de la O.M. De San Juan de Jerusalem ...” p.49

2Presentaban los candidatos a curas.

3En reconocimiento del patronazgo el cura de Bendilló estaba obligado a pagar al comendador de la Orden San Juan en la Encomienda de Quiroga, “un yantar y seis reales”

4Idem, p.59

lunes, 1 de agosto de 2011

1902 : O GARDA DE CAMPO

Hoxe imos transcribir outro documento interesante achado no arquivo familiar Nogueira Vidal e que podriamos titular como“ Denuncia que hace el guarda de Campo de Cereixido ante el juez de Quiroga por multas impuestas a los vecinos y no abonadas en al año 1902”. Aínda que o documento aparece en Bendilló non fai referencia a infraccións cometidas na nosa aldea senón na veciña de Cereixido, vexamos o seu contido:

Para Juez Municipal del termino de Quiroga

Jose Rodriguez Lopez becino del pueblo de Vilar de Mondelo, correspondiente a su partido y este como guardia de campo de los términos de Cregido(sic) nombrado a publica boz por todos sus abitantes según costa de documento firmado por los cabezas de familia del referido Cereguido y los que no savian acerlo lo icieron dos testigos de otros pueblos a su ruego dandome autorización para multar los ganados que […] a otros escediesen en los sembrados a cotos que el pueblo tubo por en combeniente hacer marcandome una pequeña cantidaz por cada cabeza de ganado para faborecer el corto sueldo que se obligaron a pagarme y despues de multados y coguidos barios de los [...] se resista a pagar la multa impuesta denuncio el echo para que V. guzgue en justicia como qurea necesario á todos individuos que al respaldo se relacionan con esprision de sus nombres y apellidos, clase de ganado que fue multado, dia, ora y mes.

Dios guarde a V. muchos años.

Cereguido 27 de Julio de 1902

El guarda de campo: Jose Lopez

(en el verso)

Relación nominal que espresa los nombres y apellidos de los dueños del ganado multado que se pone a disposición del juzgado.

Francisca Ribera, fué multada el dia tres de junio pastoreando dos bueyes a las once de su mañana en una propiedad sembrada de pan de Manuel Rodriguez y Rodriguez.

Ramiro Ribera, hijo de Jessu Ribera el diecisiete del mismo pastoreando tres cabezas de ganado mayor en terreno que estaba coutado por el pueblo que le llaman os Mogaroys?

Cesario, hijo de Ygnacio […] multado en la misma ora y en el mismo couto pastoreando una baca.

Genoveva Folla, hija de Dionisio Folla fue multada en donde llaman Aborga?, termino coutado con tres cabezas de ganado mayor y un cerdo el mismo diecisiete.

Nunila Gonzalez y su marido Blas Martinez pastoreando dos cabezas de ganado mayor y un cerdo en terreno coutado por el pueblo en el mismo dia diez y siete.

Maria, hija de Domingo Barelas pastoreando una cabeza de ganado mayor en terreno coutado esto el mismo dia diez y siete.

Jose Manuel Rodriguez, con tres cabezas de ganado mayor el dia veinte de junio en terreno coutado.

Nicolas, criado de Aquilino Rodriguez, con dos cabezas de ganado mayor el mismo beyteuno(sic)

Manuel Nugeyra(sic) hijo de Rosa Alvarez con dos cabezas de ganado mayor en el mismo dia."


Como puidemos observar xa con anterioridade as pequenas aldeas se autoorganizan para xestionar a vida en comunidade de maneira pacifica, tentando liquidar os conflitos que surgen na vida diaria da maneira mais satisfactoria para todos os seus membros, asi nesta ocasion vemos como se elixe democraticamente a un veciño en autoridade para resolver as desfeitas que nos campos efectúan os gandos, neste caso, parece que os veciños sancionados non teñen intencion de acatar as sancións impostas polo que o garda de campo apela a unha autoridade por encima del que neste caso seria o Xuíz do municipio de Quiroga, que é a entidade administrativa que se situaria por encima da aldea.