viernes, 24 de agosto de 2012
FOTOGRAFIAS ANTIGAS
lunes, 2 de julio de 2012
ESTAMOS DE VOLTA
1886: VENTA DA TERRA DO ATRIO DA CAPELA DE SAN XOAN DAS FARRAPAS
domingo, 6 de mayo de 2012
NA IGREXA PARROQUIAL
sábado, 24 de marzo de 2012
PATRIMONIO GALEGO
miércoles, 7 de diciembre de 2011
EMIGRACIÓN A AMERICA

Hoxe imos recomendar varios enlaces moi interesantes, o primeiro é a páxina web de Torbeo http://www.torbeo.com/ que ten moita información e esta moi documentada, nela podemos atopar o segundo enlace recomendado http://www.ellisisland.org/ nesta páxina podemos atopar antepasados que foron a “facer as Americas”; entre 1881 e 1959 case 5,000,000 millóns de españois embarcaron rumbo o continente americano, foron xentes de Asturias, Cantabria, Cataluña, Andalucia pero a que mais emigrantes enviou foi Galicia, os galegos viaxaron e se asentaron principalmente en Arxentina, Cuba, Venezuela o México pero nesta web o que podemos é seguirlle a pista os que entraron por EEUU, haise que rexistrar para consultar os rexistros completos, pero paga a pena, asi podemos ver que homes e mulleres da nosa comarca chegaron a Nova Iork.
domingo, 7 de agosto de 2011
ANTIGUIDADE DA IGREXA DE BENDILLÓ

A nova mais antiga sobre a Igrexa de Bendilló de que temos constancia e de 1489, daquela xa existia a nosa igrexa tal e como se pon de manifesto no testamento de Ruy Gonzalez de Chan de Pena que aparece transcrito en “ Colección documental del Archivo de la Casa de Otero de Quiroga s. XIII-XVIII” Pablo S. Otero Piñeyro Maseda, Ed. Diputación provincial de Lugo, 2007; na ultima voluntade deste personaxe se recolle a súa intención de que tralo seu pasamento se donasen cinco maravedies para igrexa de Santa Maria de Bendilló:
“ Ytem mando sepultar este meu corpo no Espital de Quiroga, ante el altar de Santa Catalina, en un posado que ende está, si eu ante non ficere en él sepultura, e rogo a mis conpridores que corregan treu o dito poyo e fagan ande algua parte memoria si la eu non ficere antes. Ytem mando para la prol da yglesia cen marabedis de pares de blancas […] Ytem mando a Santalla de Bendollo veinte maravedís de pares de blancas para la prol da yglesia. Ytem mando a Santa María de Bendilló cinco maravedís para la prol da iglesia [...]”.
É posibel pese a todo que a súa existencia fose anterior, existe un convenio de 12331 entre o Bispo de Astorga Nuño I e a orde de San Xoan de Xerusalem sobre competencias e reparto de dereitos eclesiasticos nas igresas sanxoanistas situadas na diocese de Astorga, nombrando concretamente a igrexa de San Miguel de Montefurado, e dice, “con todalas demas igrexas de Quiroga”, neste derradeiro grupo cabe a posibilidade de que estuvese a Igrexa de Bendilló, que efectivamente pertencia a diocese de Astorga e sobre a cal a orde de San Xoan tiña dereito de presentación2 e patronato3.
Ata parece posibel que a existencia de Santa Maria de Bendilló fuese anterior a aparición da orde de San Xoan no val de Quiroga; non parece moi descabellado que lle ocurriese como a súa veciña Santa Eulalia de Bendollo, que en 12154 foi doada polo rei Afonso IX a Igrexa de Astorga e o seu bispo D. Pedro; en todo caso o seu protagonismo aparece eclipsado por outras igrexas mais importantes e grandes como a de Bendollo, Montefurado ou Hospital.
1GARCIA TATO, I. et al. “Las Encomiendas Gallegas de la O.M. De San Juan de Jerusalem ...” p.49
2Presentaban los candidatos a curas.
3En reconocimiento del patronazgo el cura de Bendilló estaba obligado a pagar al comendador de la Orden San Juan en la Encomienda de Quiroga, “un yantar y seis reales”
4Idem, p.59


