sábado, 9 de julio de 2011

O ARQUIVO FAMILIAR NOGUEIRA VIDAL (1811 - 2011)

Na orixe de moitos dos escritos deste blog están os documentos achados no arquivo particular de Gertrudis Nogueira Vidal que recolle maioritariamente documentos dos seus antecesores, xa vimos con anterioridade neste blog entradas sobre algún dos seus antergos, por iso incluímos unha árbore xenealóxico para maior claridade: xenealoxíanogueriavidal.

As datas que abarca o arquivo van de 1811 até a actualidade e a tipoloxía documental que contén é moi variada, atopamos hijuelas, compravendas, expropiacións, testamentos, permutas, escrituras, sentenzas, correspondencia, etc..

No noso caso define o carácter do arquivo familiar o feito de ser labregos todos os seus membros, polo que os documentos que achamos teñen que ver co devir na vida da xente común do campo galego, durante as datas que abarca.

A totalidade dos documentos que compoñen a colección están escritos en lingua castelá, aínda que en xeral para toda a toponimia úsase o galego; o estado de conservación en lineas xerais é bo, salvo algún caso concreto nos documentos máis antigos.

O maior número de documentos que atopamos é o de Hijuelas, as hijuelas son documentos xurídicos básicos no campo galego, nelas descríbense as propiedades dunha persoa concreta de resultas dunha herdanza, as propiedades van deste terreos e casas, até aveños e ferramentas, son por tanto fundamentais no sistema de propiedade do campo galego. Precisamente nesta linea de documentos xurídicos de propiedade da terra, atopamos que o segundo e o terceiro lugar en importancia dentro da colección ocúpano tamén documentos como son as expropiacións de terras e as compravendas, destas últimas de dez documentos oito son compravendas de terras e dúas compravendas de casas. No caso da familia Nogueira Vidal que principalmente tivo como lugar de residencia Bendilló, destacan un gran numero de expropiacións, isto débese a que o territorio no que se atopa a aldea é unha entrada natural desde a meseta ao interior de Galiza, nel construíuse unha estrada nacional, un encoro hidroeléctrico e a liña do ferrocarril, polo que os veciños foron expropiados en varias ocasións para acometer esas grandes infraestruturas.

Seguindo esta liña de documentos relacionados coa propiedade da terra en cuarta posición temos numerosos documentos de permuta, é pois moita a importancia da terra para o labrego e é o que maioritariamente define a composición deste arquivo familiar.



DOCUMENTO

%

HIJUELAS

19

22

COMPRAVENDAS

10

11

EXPROPIACIONS

16

18

TESTAMENTOS

3

3

PERMUTAS

5

6

ESCRITURAS

1

1

SENTENZAS

1

1

VARIOS

31

36


Logo xa en menor proporción atopamos outros documentos como testamentos, escrituras e un numeroso apartado de varios, no que se inclúen documentos moi diversos que van desde contratos de préstamo, recibos de gastos, contratos de arrendamento, autorizacións, correspondencia, etc...

Estes pequenos arquivos familiares son un valioso recurso de información para a investigación histórica, aínda que na maioría dos casos só préstase algo de atención aos arquivos particulares de personaxes destacados, parécenos de moita importancia tamén estas pequenas coleccións de documentos que dan noticia da vida da xente común, dos nosos antepasados, humildes labregos galegos.



viernes, 8 de julio de 2011

O MARUXO




Aurelio Nogueira, coñecido como "O Maruxo" foi veciño de Bendilló, todo un personaxe na nosa aldea, no futuro faremoslle unha semblanza recollendo o testimonio dos que o coñeceron en vida, nesta ocasión queremos mostrar unha magnifica serie de fotografías realizadas polo fotógrafo de San Clodio: Antonio Vidal (1915-1994), se vos interesa a obra desde gran profesional existe un libro de imaxes publicado polo Concello de Ribas de Sil, que mostra a gran calidade de este autor que xa se pode observar nas fotos que hoxe publicamos; queremos agradecer profundamente a autorización que nos deron para publicar neste blog as súas fotografías.

miércoles, 18 de mayo de 2011

NOVA IMAXE INÉDITA



Hoxe de novo unha imaxe inédita que chegou ata nós grazas a Lucita, nela podemos atopar as dúas fillas da gaiteira de Bendilló, Felisa Vidal, son Lucita e Petra e mais dúas amigas que simulan tocar os instrumentos coma se fosen un cuarteto: clarinetes, bombo e caixa, parece que en Bendilló sempre houbo gran aficción pola música.

miércoles, 13 de abril de 2011

1811: RECOÑECEMENTO E TAXA DE BENS PARA O COBRO DE RENDAS

O documento mais antigo achado no arquivo particular de Gertrudis Nogueira Vidal data de 1811 e consiste nun caderno manuscrito de 61 folios (122 páxinas) que posiblemente tería máis pero faltan os folios do principio e os do final, atados cun fío e en estado deficiente de conservación. A pesar diso podemos extraer a conclusión de que o documento consiste nunha relación de bens de varios veciños elaborada por peritos habilitados para o cobro de rendas por parte da igrexa. Así podemos ler en varios fragmentos o seguinte:

“... proceder a su desempeño vien y fielmente, sin agravios a ningún interesado; en efecto con presencia del testimonio de Apeo, memorial de vienes y poseedores y deligencias con estos practicadas, procedió al reconocimiento y tasa de dichos vienes y subsidiariamente, a la distribución y prorrateo de rentas, entre los poseedores ... “

“ ... de la renta del foral Grande de la Iglesia de Santa Maria de Vendillo [...] sus bienes [...] referido lugar y sus terminos por el qual se pagan por medio de sus poseedores [...] dieciocho canados de vino [...] y según conbenio berbal que sus poseedores y el cura actual y su antecesor D. Josef Diaz de Guitian han hecho según consta del último prorrateo que asi tambien combiene el actual cura parroco D. Joaquin Agustín Arias [...]”

Despois da introdución e exposición dos primeiros folios, o que atopamos é unha sucesión das partidas que compoñen o foral e a quen pertencen: listado de partidas

O listado ten até setenta persoas, como os folios do final do caderno estan deteriorados, supoñemos que a relación de persoas enumeradas seria maior, transcribiremos o contido que fai referencia a Antonio Abelaira (Cima de Vila - Vindillo) con grafía actual para a súa mellor comprensión. Partida de Antonio Abelaira.

En xeral en todas as partidas inclúese unha relación das leiras aforadas cos seus lindes, número de partida dentro do apeo e memorial[1] , descrición, valor e o importe en diñeiro e/ou especies que deben pagar á Igrexa[2] .

Todo o documento esta escrito en castelán, aínda que o galego úsase en todos os topónimos dos numerosos lugares de Bendilló que se enumeran. Desde 1811 até a actualidade moitos deses topónimos cambiaron a grafía e nalgúns casos sufriron modificación, vease Vindillo = Bendilló ou a Esfarrapa = Farrapa.


[1] Definición de Apeo: trátase dun documento xuridico onde se fai reconto e delimitación de todas as heredades que nun determinado lugar correspondian, no noso caso a Encomenda de Quiroga, ben por ser da súa propiedade ou ben por exercer determinados dereitos sobre o mesmo.

[2] Neste caso a Encomenda de Quiroga.

jueves, 7 de abril de 2011

"LA ALDEA GALLEGA. Estudio de derecho consuetudinario y economía popular"

Hoxe imos recomendar unha lectura moi interesante: "La aldea gallega. Estudio de derecho consuetudinario y economia popular" Nicolas Tenorio, 1914; a obra podémola atopar en: http://www.ezaroediciones.com/wp-content/uploads/2008/01/15-g1_la-aldea-gallega.pdf pra todos aqueles que lles interese a Antropoloxía cultural de Galicia. A proximidade de Bendilló coa zona na que se centra o estudo (Viana do Bolo), fai que se compartan moitas semellanzas, polo que a súa lectura é moi interesante pra entender e coñecer costumes que fai ben pouco tempo eran as nosas.

INSCRICIÓN NA FACHADA PRINCIPAL DA IGREXA DE BENDILLÓ

O noso entender reza a inscrición situada no alto da fachada principal da igrexa de Bendilló o seguinte: "HIZOSE ESTA OBRA EN EL AÑO DE 17..4; SIENDO CURA DON JOSEPH DIAZ DE GUITIAN". Temos dúbidas en cando a data, podería ser 1734 ou ben 1794, o certo e que este cura da feligresia de Santa Maria de Bendilló ocupaba o cargo no ano 1752 como se recolle no Catastro de Ensenada, e temos noticia de que xa no ano 1811 a praza de cura estaba ocupada por outro chamado D. Joaquin Agustin Arias. Estas datas só sinalan que se fixeron obras na igrexa, non indican o ano de construcción da mesma que con toda probabilidade e anterior.

miércoles, 30 de marzo de 2011

1720: O PAGO DA LUCTOUSA

Con anterioridade xa mencionamos este imposto chamado Luctuosa que estaban obrigados a pagar os veciños de Bendilló a Encomenda de Quiroga. A Luctuosa consistia en que a morte dun veciño entregabase a Encomenda un obxeto (un animal, diñeiro, prendas de vestir, ...) como símbolo da transmisión do dominio útil o seu sucesor. Este imposto foi moi discutido polos pobos que estaban obrigados o pago de numerosas rentas, foros, impostos tanto a igrexa como a coroa. No caso de Bendilló durante moitos anos loitou nos tribunais pra non ter que pagar a Luctuosa, asi o recollen Isidro Garcia Tato et ali, no libro "Las Encomiendas gallegas de la Orden de San Juan de Jerusalem. Estudio y edición documental: La Encomienda de Quiroga, Tomo II-I" asi contan estes autores o seguinte: "... el 24 de marzo de 1720 un total de 113 vecinos del partido de Bendollo[1], lugares de Fiais (4), Soutordei (26), Sequeiros (11), Paradaseca (7), Os Novais (11), Vilar de Mondelo (7), Bendilló (7), Villaester (11), Bendollo (26), y Soldón (3), dieron poder a Juan Diaz de la Fuente, presdítero y abad de Bendilló, y a Franscisco de Moure y Somoza, vecino de Bendollo, para que presentasen pleito en cualquier audiencia o tribunal contra los abusos que se cometían en el cobro de las luctuosas, llegando a calificar esta carga como sigue:

"Que en los lugares donde residen los otorgantes por los comendadores y administradores que an sido y son de la encomienda de Quiroga, que es de la Relixión de San Juan, se a cobrado y cobra un derecho ynjusto con título de luctuosa, llevando con fuerza y violenzia al fallezimiento de cada persona maior de cada uno de los lugares donde son vezinos los otorgantes y de los forasteros que transitando por esta xurisdicción mueren en ella, la maior caveza de ganado que tenga, o la mexor alaxa que se le alla, practicando su cobranza solamente con todas las personas de ygual estado que los otorgantes y no con los que por su autoridad y poderío les pareze se pueden resistir. Por no tener, como no tienen los comendadores ni sus administradores prebilexio spezial ni otra conzesión para que con causa lexitima puedan executar la cobranza de tal derecho, y respecto de ser como es éste que llaman luctuosa yndevido, asi por falta de título lexítimo para su posesión y toleranzia como por ser un feudo tiránico, yntroduzido contra la Relixión y la xustizia, exaltada a spensas de su real sangre por los católicos monarchas, predeezesores de la Cathólica Magestad de nuestro rey y señor (que Dios guarde) a fin de exsimir y libertar la piadosa propensión natural de Su Real Ánimo a todos los vasallos desta monarchía de la infame servidumbre en que los abía puesto la malizia y la tirania e oposizión que en sí tiene a nuestra santa ley, será causa bastante para que los vezinos que ai en los lugares del partido de los otrogantes, oprimidos con tan rigurosa contribuzión, dexando sus casas, despueblen los lugares, de que resultará no menor daño al Real Patronato, faltando por este medio la que tan gustosamente tributan oi a S. M. ..."

Esta reclamación dos veciños aínda seguia vixente no ano 1753, como recolle o Catastro de Ensenada, os veciños de Bendilló tiñan por esa data un pleito na Audiencia Real ca Encomenda de Quiroga pra non ter que pagar a referida luctuosa.

[1] A Encomenda de Quiroga estaba dividida en partidos pra súa mellor administración e control, asi Bendilló pertenecía o partido de Bendollo.