jueves, 16 de junio de 2016

LA OLVIDADA FIGURA DE D. MANUEL VENTURA FIGUEROA

Hoxe outro estudio inédito que vei a luz: "A esquecida figura de D. Manuel Ventura Figueroa", abondando no coñecemento que xa comenzamos un tempo atras.







sábado, 26 de diciembre de 2015

AS FOTOS DO CARLOS

Para todos os amantes da fotografía en branco e negro, atopei esta pequena xoia na rede: As fotos do Carlos, Quiroga 1958-1962 a web recolle algunhas fotografías feitas por Carlos Diaz Gallego, fotógrafo natural da Hermida que de seguro moitos ainda lembran, tamen se pode seguir no facebook  , que as disfrutedes.


martes, 13 de mayo de 2014

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE BENDILLÓ

Este sábado 17 de maio, con ocasión da celebración do día das letras galegas e coincidindo ca celebración o domingo da XIV Mostra do aceite de Quiroga no muiño de Bendilló, presentase as 13:00 h. no salon de sesións do Concello de Quiroga o libro "A Freguesía Rural de Santa María de Bendilló" ca presenza do autor Pablo Nogueira Santiago e dos editores, habera que aproveitar pra ter o libro dedicado polo autor!



lunes, 3 de marzo de 2014

A FEGRESÍA RURAL DE SANTA MARÍA DE BENDILLÓ

Hoxe os seguidores desde blog estamos de noraboa! acabase de públicar unha monografía sobre a nosa pequena aldea que leva por titulo: "A Fegresía rural de Santa María de Bendilló (Quiroga - Lugo)" escrita por Paulo Nogueira Santiago, todos os interesados na historia de Bendilló podedes mercar o libro na libreria da Celita, se estades en Quiroga, pos que estades fora e teñades interese podese mercar na web da editorial: Toxosoutos



lunes, 28 de octubre de 2013

A FUNDACIÓN DO EXCMO. SR. D. MANUEL VENTURA FIGUEROA (1784-2009)

Tras un ano no dique seco, hoxe veño publicar un pequeno traballo inédito que leva por título "A Fundación do Excmo. Sr. D. Manuel Ventura Figueroa (1784-2009)" na aldea de Bendilló viviron varios descendentes de este ilustre personaxe, de ai o interese co que estudiei a súa figura e o seu legado, a fundación que leva o se nome.

martes, 23 de octubre de 2012

O CASTRO DE PENADOMINGA


     Existe moito descoñecemento e confusión sobre o castro de Penadominga, os paisanos falan dun castelo con torre, e os investigadores unhas veces o situan na parroquia de Bendilló e outros na de Bendollo, tentaremos arroxar algo de luz ao asunto.

No Plan Xeral de ordenación Municipal de Quiroga dáselle ao lugar a denominación de Castro de Bendollo1, pero é coñecido popularmente como Castro de Penadominga esta situado nun espolón de forte pendente, preto do arroio de Peizais, ao norte parece ser que existe un corte que o fai innacesible e ao leste conta con tres fosos defensivos, é por tanto un asentamento fortificado, localizámolo no instituto xeografico nacional coas coordenadas UTM 29 x=648.600 y=4.700.800 (aprox. Lat. 42º26'43.39'' N e Lon. 7º11'38.82''W) e podemos observar unha interesante vista aerea onde se ven os muros de antigas construcións, persoas que o visitaron hai poucos anos indícannos que é innacesible desde Bendilló e existe un camiño desde Bendollo que leva ao lugar aínda que ao non estar limpos os camiños nin o lugar parece posible que a vexetación impida a súa observación, ademas o lugar a sido expoliado en numerosas ocasións polo que o xacemento esta en mal estado. 

     Cronoloxicamente o xacemento se situa entre os séculos IV e V d.c. Aínda que non foi obxecto dunha excavación sistematica; nos anos 50 D. Jose Perez achou diferentes restos arqueoloxicos que datan o xacemento: ferramentas de ferro, ceramica comun, ceramica sigillata, moedas, aneis, pezas de vidro e diferentes pezas de bronce entre elas varios botóns de bronce hispanorromanos que puideron ser da vestimenta dunha persoa ou do arnes de algun animal, tamen fibulas de bronce que se usaban no vestir das xentes, en concreto aparecen tres fibulas de distinta tipoloxia, pero sen dúbida o achado mais importante é a aparicion dun taboleiro de xogo chamado alquerque de nove2 e que é un dos mais antigos achados en galicia, este tipo de xogo seria un precedente das actuais damas, o xadrez ou o tres en raia; todos estes materiais están no Museo Provincial de Lugo e algúns forman parte da exposición permanente do Museo. 




     O asentamento parece estar habitado en diferentes períodos históricos  a planta circular das construcións apunta a unha orixe preromano, polo que a súa denominacion é a de Castro, moitos castros da idade de bronce e do ferro foron posteriormente ocupados polos romanos, existen moitos exemplos similares na serra do caurel, por exemplo: O Castro da Torre ou o de Vilar, en todos os casos a súa ocupación esta directamente relacionada coa explotación da mineria aurífera.

Pero a presenza humana no lugar non decae coa caida de Roma senón que persiste, asi parece apuntar o achado no castro de broches de cinto de época visigoda que se datarian de fins do século VI ao século VII, segundo os investigadores Jorge Lopez Quiroga e Monica Rodriguez Lovelle as pezas achadas en Penadominga non son anteriores ao ano 585 momento no que se produce a conquista do reino suevo de Galicia por parte dos visigodos e son pezas cunha clara influencia indixena.

      Non temos notica sen con posterioridade mantívose a ocupacion do asentamento, pero o que é seguro é que como minimo durante cinco séculos viviron persoas no lugar, para algúns autores o abandono dos castros deu paso ao nacemento das aldeas, tal e como as coñecemos actualmente, pero sen ruptura senón como unha evolucion na forma de asentarse no territorio das xentes cuxos antepasados viviron no castro.

1 Referencia no catalogo da Xunta: XA018
2 Esta peza aparece erroneamente na prensa “Caminata milenaria hacia Penadominga -la Voz de Galicia 11/01/2002” como "una pizarra de 47 por 32 cm en la que fue grabado un dibujo de la planta de un castillo o torre que debió de alzarse en lo alto del roquedal" esto non é certo a pizarra é un tabloleiro de xogo como explicamos.

viernes, 21 de septiembre de 2012

A EMIGRACION CARA O NORTE: PARTE I


      Hoxe esta imaxe colgada no Facebook de Bendilló por Sara Fernandez Vidal, nos dá pé para falar doutro tema que deixou unha forte pegada nas xentes de Bendilló: a Emigración.
Nesta fermosa estampa aparecen os seguintes homes de Bendilló e Vilar de Mondelo que emigraron cara o norte (e dicir EEUU) a finais dos anos 20 e principios dos 30, de izquierda a derecha:

1.- Ramon Nogueira
2.- Lino Nogueira
3.- Casimiro Mondelo
4.- Alvaro Vidal
5.- Ceferino Vidal
6.- Casimiro Nogueira
7.- Teodoro Diaz

      En concreto a imaxe foi tomada seguramente en Nova Iork, entre 1928-1932, podemos facer esta afirmación porque é nestes anos cando un dos protagonistas da imaxe, Ceferino Vidal, permanece no norte. A sensación que transmite a imaxe, é a de uns homes exitosos que acadaron o soño de gañar a vida en Nova Iork, bos traxes, reloxos no peto e puros habanos, pintanos a estampa da prosperidade; pero tras esta idilica imaxe atopabase outra realidade ben distinta.

      O señor Ceferino xa intentou no ano 1914 acadar o soño americano, asi consta na base de datos da Ellis Island, o 24 de Abril de este ano chegou a Nova Iork un mozo de 21 anos de nome Ceferino Vidal, viaxaba no Mauritania procedente de Liverpol en compañía de outros homes de Quiroga1, pero esta primeira aventura non saliu ben, él e todolos que de Quiroga viaxaron o seu carón foron deportados de novo cara a Galicia.

      O noso protagonista volveu a Nova Iork anos despois, ya casado e con duas fillas, deixounas en Bendilló e foi en busca dunha vida mellor, non sabemos porque porto entrou ou se fixo o viaxe primeiro a outro destino a despois os EEUU, o caso e que residiu en Nova Iork dende 1928 ata 1932 ano no que retournou ca súa familia. Da súa estancia ademais da foto que encabeza este artigo temos unha carta que ofrece unha testemuña das dificultades que atopaban os emigrantes na súa busqueda de maior benestar. Na carta enviada por Ceferino a seu primo Jose Vidal2 relata o seguinte:

Sr. Jose Vidal
Bendilló
Mi mas estimado primo esta es para decirle que recibi una carta suya y enterado de ella veo que esta bien de salud de lo que me alegro infinito quedando yo bien por el momento
pues querido primo con respeto a lo que me dice si le podia mandar mil pesetas pues le digo que lo siento bastante el no poder complacerle en sus deseos porque yo bien reconozco en el apuro que se ve un hombre en esas ocasiones pero hoy ya le digo me es imposible porque todo lo que tenia se lo mande a un amigo a la Habana para venir para este y todavía no vino que esta muy grave para venir, ahora que para otra ocasión mas tarde puede ser que se lo pueda mandar yo de buena gana se lo mandaba ahora, pero no puedo pues tambien me dice que queria mandar el muchacho para esta pues alla usted pero mi consejo no lo mande yo le voy a esplicar todo como es tiene que mandarlo a Cuba para mandarlo alli necesita 1000 pesetas luego en Cuba no gana ni para comer y para venir de Cuba para esta le cuesta como 600 pesos americanos y despues aun no se sabe como le andará la cosa que muchos los llevan para España por no podernos sacar a tierra y otros salen y despues que estan en tierra los agarra la emigración y los lleva para sus paises despues de tenerlos 3 o 4 meses presos, asi que fijese como esta la cosa ahora yo no le quito que venga alla ustedes yo le digo todo lo que se, sin molestar más su atención salude a mi familia y a Julio y a toda su familia y usted revibe los mayores aprecios deste su primo que le quiere y verlo desea.
Ceferino Vidal

Señas son: 406 Simon ave.
Lackawanna N.Y. U.S.A.

Marzo 15 de 1929
Dispense del segundo apellido que es […] que no la vaya agarrar otro3

      O que se reflexa nesta carta son as enormes dificultades que habia en Galicia e que son a causa da emigración e as penalidades que tiñan que sufrir os nosos paisanos cando se decantaban por esa via, a deportación, a carcere, a separación da familia, etc.. como vemos non eran as cousas do cor de rosa que a foto parecia transmitir, a emigración, o fin, era un drama e só uns poucos lograban materializar o soño americano, todos os que aparecen nesta foto regresaron a Galicia.

1Na base de datos figuran como procedentes de San Martín – Lugo, o nome da vila de Quiroga é o de San Martin de Quiroga, ainda que hoxe só se usa Quiroga.
2A carta pertenece o arquivo familiar da familia Nogueira Vidal.
3No sobre figura o destinatario Jose Vidal “Zanfona” este non é o segundo apelido, senon o alcume co que se conoce a Jose en Bendilló, o home era coñecido por tocar este instrumento tradicional galego: a Zanfona.