martes, 13 de abril de 2010

benvida

Benvidos o Xornal de Bendilló, unha bitácora rural galega para os fillos e netos de Bendilló e as xentes interesadas na divulgación de documentos e imaxes para a recuperación da memoria desta aldea do concello de Quiroga, iste blog pretende afondar na historia, feitos, personaxes da cultura e a sociedade do pobo, reunindo artigos, entrevistas, biografías, fotografias e todo tipo de manifestacións que nos achege a realidade deste pequeno lugar de Galicia, o noso obxetivo final seria ter un pequeno arquivo fotografico e documental sobre a historia de Bendilló.

3 comentarios:

  1. Hola Anabel, parabéns polo que estou vendo. Aínda non o vin todo pero paréceme un traballo magnífico; ojalá de todas as parroquias tivéramos acceso a un arquivo como este. Si consigo algunha imaxe antiga de Bendilló xa cha farei chegar. Ánimo e moitas grazas por publicar algo así. Ramón Vila Anca.

    ResponderEliminar
  2. Anabel, os meus parabéns polo blog, todo un aporte na historia e na
    vida dunha aldea tan pequena como esta.

    É moi emocionante ver as imaxes do pasado e os documentos escrito a mao que testimonian toda unha vida, gustariame que houbese máis fotos sobre todo de maior resolución e tamén poder indentificar nun pé de foto as persoas que saen nelas. Grazas polo aporte da nosas raices... Unha aperta

    E para cando un libro? Sería fantástico

    ResponderEliminar
  3. moitas grazas polas vosas aportacións, e certo que teño que incluir mais imaxenes e contenidos audio-visuais, os pés de foto son moi necesarios, non reparara neles, tomo nota e pouco a pouco iremos mellorando grazas a vosa axuda, ¿un libro? seria fantastico, pero casi non podo nin publicar un artigo imaxinade un libro, o mundo editorial esta en crisis mais ainda nos queda internet .. unha aperta

    ResponderEliminar