jueves, 27 de mayo de 2010

APUNTES SOBRE ASOCIACIONISMO AGRARIO EN BENDILLÓ

Entre finais do século XIX e principios do XX houbo en Galicia mais de mil sociedades agrarias na súa mayor parte de ámbito parroquial, no caso de Bendilló entre 1931 e 1936 temos noticia da existencia de duas organizacións asociativas, a Sociedade Obreira de Bendilló, vinculada a UGT e outra de carácter anarquista formada na súa maior parte por afiliados á CNT.

A información que temos da primeira organización é moi escasa, só podemos confirmar á súa existencia porque un dos seus membros Victorino Nogueira Nogueira, natural de Quiroga e veciño de Bendilló, foi xulgado a edade de 26 anos tralo Alzamento por soborno, pertencia a Sociedade Obreira de Bendilló e militaba no sindicato UGT.[1]

Para a organización anarquista temos máis información grazas á obra “A CNT na Galicia 1922-1936” de Dioniso Pereira, nela recollese que 53 veciños da aldea de Bendilló intentaron constituir unha “Comuna Agrícola Libertaria”, procedendo a repartir as propiedades do párroco entre tódalas familias e convertindo a retoría no local do sindicato[2], ademais promoveron unha colecta solidaria de tódolos sindicatos federados a CRG en xuño do 36 para adquirir un tractor, contribuiron a colecta as mulleres libertarias da Coruña recadando pola rúa 103,25 pesetas, entre elas contribuiu a colecta cunha peseta Sebastiana Vitales[3] destacada figura, membro da FAI (Federación Anarquista Ibérica) e fundadora de “Mulleres Libres” na Coruña. Lamentablemente esta mostra de asociacinismo agrario foi interrumpida bruscamente pola sublevación militar en 1936.

A influencia das ideas anarquistas na aldea de Bendilló debeu ser importante posto que na celebración do IV Congreso da CNT celebrado en Zaragoza entre os dias 1 e 10 de maio de 1936 asistiron por Bendilló 35 afiliados[4], o frente desta representación estaría sen dúbida Antonio Alvarez Fernández, nomeado delegado por Bendilló e Lugo, militante da CNT e secretario do sindicato en 1932, 1933-1936 e que foi fusilado en Lugo en 1939.[5]

No hay comentarios:

Publicar un comentario