viernes, 5 de noviembre de 2010

1899: CONSELLO DE FAMILIA

De novo temos nas nosas mans un trio de documentos que xuntos dannos unha vision de como era a vida dos nosos antepasados na aldea de Bendilló ala polo ano 1899:

Doc. nº1

12/02/1899 Acordo do Consello de Familia.

Doc. nº2

12/02/1899 Autorización de Antolin Lopez para que Jose Vidal administre o seu capital.

Doc. nº3

17/02/1899 Autorización para que Antolin Lopez ingrese no exército.

A continuación imos facer unha transcrición dos tres documentos que logo analizaremos mais polo miudo.

Doc. nº1: Trancripcion do acordo adoptado polo Consello de familia en 1899.

“En el pueblo de Bendillo, parroquia del mismo en el distrito de Quiroga, a dia doce del mes de febrero del año de mil ochocientos nobenta y nueve, reunido el consejo de familia que procede a los menores que quedaron del difunto Juan lopez de esta becindaz y an acordado lo que sigue a continuación: siendo puestos los bienes a edictos públicamente tres domingos seguidos y no abiendo interesados que quisiesen llebarlos por mas interes que el de satisfacer las contribuciones abemos dispuesto que por megoramiento en el cuidando y administración de los referidos bienes incluyendo también la parte de Francisco Lopez uno de los herederos que se encuentra ausente fuera de España y no se sabe su paradero se le deja en las mismas condiciones que la de los dos menores Faustina y Antolin y para que este documento sea valedero y surta el efecto que le corresponde lo firmamos a continuación el Consejo de Familia que son Vicente Nogueira, Manuel Rodríguez de Vilar, Manuel Mondelo tambien de Vilar, Martín Lopez y Ramon Losada [Firmas]”

Doc. nº2: Non mesmo arquivo[1] atopamos outro documento do mesmo ano no que Antolin López deixa unha autorización antes de ingresar non exercito para que ou seu cuñado Jose Vidal administre o seu capital.

“ Digo [...] Antolin Lopez vecino de Bendillo que encontrándome menor de edad pero con entendimiento para disponer lo que procede en este documento hallándome en situación de ausentarme del pays para ingresar en las filas es mi voluntad que lo que pertenece a la erencia de mis difuntos padres que quede encargado mi cuñado Jose Vidal de administrar y procurar mi capital sin poderle nadie reclamar que satisfacer las contribuciones asta mi regreso y para que coste espido el presente a doce de febrero del año de mil ochocientos nobenta y nueve. Siendo testigos Jose González y Joaquin Soto de Bendillo y Jose González de Vilar [Firmas]”

Doc. nº3: Trascripción literal do documento de autorización ante o concello de Quiroga para que Antolin López Rodríguez, de 18 anos de idade poida alistarse voluntario no exercito asinado polo seu titor José Vidal Nogueira.

“Autorización. En la casa consistorial de Quiroga a diez y siete de febrero de mil ochocientos noventa y nueve: ante el Sr. Alcalde D. Vicente Maria Alonso y mi secretario, comparecieron: Jose Vidal Nogueira, casado, labrador y vecino de Bendilló y Antolin Lopez Rodríguez, de diez y ocho años de edad huérfano de padre y madre y de la misma vecindad, manifestando el primero: que, como tutor del Antolin, nombrado por el consejo de familia, y puesto que dicho mozo desea ingresar en el ejercito como voluntario, desde ahora le concede la autorización o consentimiento necesario para dicho objeto. Fueron testigos de dicha manifestación D. Jose Casanova, D. Julio Taboada, quienes firman, de todo lo cual yo secretario interino certifico” [Firmas]”


Da análise destes documentos extraemos a conclusión de que a nosa comunidade labrega a finais do século XIX tiña un alto grao de organización e capacidade propia para tomas decisións relativas a bens e persoas e era capaz de artellar solucións ela mesma sen ter que acudir ao exterior, asi constatamos por escrito a existencia de consellos de familia cuxas decisións eran respectadas e cumpridas por todos como asi demostran estes documentos que analizamos, eles permítennos seguir o percorrido vital dunhas persoas da nosa aldea, o protagonista principal é Antolin López un mozo de 18 anos, que non é alleo ao contexto histórico que lle toco vivir, este non é outro que o dun pais que viña sufrindo varias guerras civís simultáneas, a de Cuba, a Carlista, etc.. que demandaron un gran número de homes para loitar, o que obrigou ás autoridades a impor o servizo militar forzoso que en teoría era para todos pero que en realidade recrutaba sobre todo aos mais pobres posto que os ricos pagaban para librarse do servizo, asi vemos como Antolin vai a filas, seguindo os pasos do seu irmán Francisco, que xa entón estaba na guerra en paradoiro descoñecido, cantos mozos da nosa aldea seguirían o mesmo camiño é algo que ignoramos, pero é posible que o caso que analizamos hoxe non fose o único.

[1] Arquivo persoal de Gertrudis Nogueira Vidal

lunes, 25 de octubre de 2010

DON JUAN: JUAN JOSE PRADO NOGUEIRA

Juan Jose Prado Nogueira coñecido por todos en Bendilló como DON JUAN , chegou a nosa aldea nos anos 50, aínda que xa antes andaba polo concello.

Orixinario de Ferrol, era fillo dun xeneral da Mariña, de profesión químico, a política non lle trouxo mais que dor. Contan os que o coñeceron que os seus pais os mataron os rusos, deixándoo orfo xunto os seus nove irmaos; despois seguindo a ideoloxía da súa familia (onde case todos eran militares) simpatizou ca falanxe e viuse envolto nalgún suceso que deu lugar a seu desterro por orde de Franco[1]. No curso da nosa investigación atopámonos ca existencia dunha serie de semellanzas entre a biografía de Juan Jose e a de Jose Luis Prado Nogueira que nos induce a pensar que posiblemente Jose Luis fose un dos nove irmaos de Juan Jose, de ser asi o noso protagonista seria irmao dun destacado poeta da xeneración da posguerra, que hoxe en día esta bastante esquecido pero que ten unha extensa obra poética entre a que destaca “Miserere en la tumba de R.N.” coa que gañou o premio nacional de literatura.

Retomando o noso fío condutor, Don Juan foi desterrado por Franco a un pobo das aforas de Madrid onde tiña que presentarse a Garda Civil cada pouco tempo, non sabemos que aconteceu pero o caso e que o noso protagonista voltou a Galicia, segundo nos contan veu dar clases os enxeñeiros que traballaban no salto de San Clodio, e ali foi onde coñece a veciños de Bendollo, Cereixido e Bendilló.

Nun primeiro intre vivirá en Cereixido, despois será acollido na casa do Gaspar en Bendollo e finalmente instalarase definitivamente en Bendilló.

En Bendilló non tiña casa nin diñeiro, naqueles tempos de posguerra tampouco había moitos cartos nas casas dos labregos da aldea, pero entre todos acollérono; paraba principalmente na casa da Pepa, e despois comía un día na casa dun veciño outro día noutra, non lle faltou un humilde prato de caldo que levar os beizos.

Os seus estudios fixeron posible que exercese de medico do pobo e de mestre, había que se buscar a vida, por iso él sempre foi Don Juan, foi un medico excelente segundo nos relatan os veciños, cando había alguén doente unha casa él velaba o enfermo toda a noite pois cada tres horas había que lle subministrar a Penicilina; as súas recetas preparábanas na farmacia de Quiroga sen dubidar un intre, como se foran feitas por un medico titular. Para gañar unhas pesetas daba clases particulares, e exerceu de mestre na escola do pobo, antes as señoritas da capital que lles tocaba dar escola nas aldeas e non querían vir a elas pagaban un substituto, o noso Don Juan foi suplente algún ano.

Nos primeiros anos que estivo no concello a Garda Civil levouno detido a Lugo, pero pronto foi posto en liberdade; durante moitos tempo non deu sinais de vida para a súa familia, ata que alguén púxose en contacto ca súa familia en Ferrol e desveloulles onde estaba Don Juan o que motivou a visita dos seus irmáns a Bendilló, nunca se viran na aldea xentes tan finas, os irmaos eran militares de alto rango e as irmás, a dicir das xentes, mozas moi elegantes e distinguidas. Don Juan non quixo voltar con eles para Ferrol e decidiu quedar ca súa “familia del pueblo” e cos seus amigos (foi moi amigo de Antonio Nogueria Abelaira do que xa falamos con anterioridade), aínda que a partir dese intre as súas condicións melloraron, xa dispuxo de mais cartos e comezou a viaxar a Madrid, onde tiña parte da familia e a Ferrol, nun deses viaxes a Madrid íalles prestar os veciños de Bendilló un importante servizo, encargáronlle a tarefa de intentar que lles fosen abonados uns cartos que se lles adeudaban pola expropiación dos terreos para facer a estrada e que as autoridades non daban pagado, a súa mediación foi un éxito e Don Juan conseguiu o pago das expropiacións.

Finalmente Don Juan, nos anos 70, caeu enfermo e foi coidado na casa da Pepa ata que a súa familia de Ferrol veu buscalo, pasou os seus derradeiros días nesa cidade, os veciños de Bendilló falan con respeto, admiración e cariño desa figura que foi un membro mais da nosa aldea nos tempos difíciles da posguerra.


[1] É dificil obter información sobre estes sucesos, a represión que exerceu Franco contra certos sectores da Falanxe esta pouco estudada e na prensa todo foi silenciado polo que non podemos aportar moita luz sobre este episodio.

miércoles, 22 de septiembre de 2010

1883: A CHEGADA DO FERROCARRIL


Ou 1 de setembro de 1883 o rei Afonso XII inagura a liña férrea Palencia-A Coruña, nese intre chega o tren o noso concello, e con él o progreso, a súa construcción modificará sustancialmente a paisaxe de Bendilló, para facernos unha idea de cómo quedou trala obra do ferrocarril acudimos a descripción que fai Ricardo Becerro de Bengoa no seu libro “De Palencia a la Coruña”[1]:


“ Allí queda Figueiredo sobre verdes cumbres muy quebradas; entre el barranco de Farrapa y el arroyo de Peizais describe la vía una rápida curva, pasando por enormes muros de 200 y 300 metros de longitud, deslízase el tren al pié de asombrosas trincheras cortadas por arroyos que saltan deshaciéndose en espuma y de cuyos rasgados cortes de pizarra bajan sobre la vía numerosos y grandes colgantes de hiedras y enredaderas que hacen sobremanera pintoresco aquel rústico cuadro, digno de ser copiado con todos sus colores y detalles desde la opuesta orilla”


Con posterioridade vemos que este tramo da liña necesitou en 1948 novas obras, que fixeron que a Rede Nacional dos Ferrocarris Españois procedesen a nova expropiación de terreos para obras de saneamento da trincheira entre os km. 326/116 e 326/126. Ata nos chegou un dos documentos de expropiación que nos di que se pagaron 1000 pesetas por un terreo de 160 m² que tiña un castiñeiro, un ciruelo e sete pavios.


Non é esta a única obra de grande envergadura que modificou a paisaxe orixinaria de Bendilló, noutro momento veremos as obras da estrada e as dos saltos do río Sil.









[1] Becerro de Bengoa, Ricardo “De Palencia a la Coruña”, Palencia, 1883, pp. 153

jueves, 9 de septiembre de 2010

BENDILLÓ EN "SOLIDARIDAD"

Continuando co asociacionismo agrario en Bendilló rescatamos da hemeroteca unha nova publicada no semanario "Solidaridad" o voceiro anarcosindicalista que se pode consultar grazas ou proxecto interuniversitario Nomes e Voces promovido polas universidades galegas.

Fixemos unha transcrición literal do contenido do artigo que fai mención a colecta impulsada pola CNT para conseguir fondos para axudar os campesiños de Bendilló a comprar un tractor, coa finalidade de constituír unha comuna agrícola. Recollese unha listaxe cos donativos feitos polo sindicato de oficios varios de Corcubión que acadou a cifra de 33,20 pesetas, este diñeiro habería de xuntarse cas 103,25 pesetas que xuntaron polas rúas da Coruña as mulleres libertarias das que xa falamos con anterioridade.

Como vemos os veciños de Bendilló estiveron na vangarda do movemento anarquista no seu tempo.

Solidaridad, número 55, 11 de xullo de 1936; Ano II - Epoca primeira

LOS CAMPESINOS DE BENDILLO NECESITAN UN TRACTOR

Desde hace tiempo se persigue poder llevar a vías de hecho la constitución de una comuna agrícola libertaria. Hemos dado ya distintas veces, voces en demanda de solidaridad. Existen iniciativas, hay colectas realizadas, pero ello no es bastante. Es preciso activar en este sentido. Es necesario que todos los Sindicatos y militantes, trabajen en el sentido de ayudar a la obra de liberar a un pueblo y valorizar nuestros postulados.

El Sindicato de oficios varios de Corcubion remite una lista de donativos, que es la siguiente:

Sindicato, 5 pesetas; Manuel Bergondo, 5 ; L. Prados, 1,50 ; E. Canosa, 1; M. Areas, 1;F. Torrela,1; I. Torrela, 1; F. Domínguez, 0,30 ;J. Canosa, 0,25; M.G. Trillo, 0,50; M. Pequeño, 0,35; M. Conde, 0,25; A. Piñeiro, 0,30; M. Rojo, 0,25; M. Oca, 0,50; J. Insua, 0,55; Jose Santiago, 0,50; A. Grille, 0,30; J. Lamela, 0,25; A. Roselló, 0,50; M. Monzo, 0,50; A. Andrade, 0,25; R, Lago, 0,50; P. Sieira, 0,25; A. González, 0,50; C. Lago, 0,30; L. Monzo, 0,25; J. Ferrio, 0,40; José Outes, 0,25; R. Abelleira, 0,25; J. Mª Ferreiro, 0,50; P. Suárez, 0,25; M. Lago, 0,50; T. Caamaño, 0,25; L. Caldevilla, 0,50; M. Canosa, 0,25; B. Lado, 0,50; M. Xovausoba, 0,25; A. Rey, 0,30; J. Alsina, 0,30; A: Domínguez, 0,30; R. Outes, 0,25; F. Outes, 0,25; J. Costas, 0,20; M. Riveiro, 0,30; F. Lourido, 0,50; J. Mª. Merens, 0,50; J. Caamaño, 0,20; M. Rey, 0,25; A. Lourido, 0,60; R. Canosa, 0,10;M. Oliveira, 0,25; A.P. Fernández, 0,30; B. Vieites, 0,25; J.G. Villar, 0,20; J. Domínguez, 0,25; V. García, 0,20; A. Pazos, 0,25; J. Domínguez, 0,20; Total 33,20 pesetas.

Que todos tomen ejemplo de esos camaradas. Que la actitud de las compañeras de La Coruña, que con calor y cariño han patrocinado la obra de los campesinos de Bendilló, que la iniciativa del Sindicato de la Construcción no caiga en el vacío. Laboremos por la creación de una comuna campesina en el pueblo de Bendilló.

viernes, 3 de septiembre de 2010

OS CELTAS DE PARADASECA



A raiz da derradeira noticia que demos no blog chegaron as nosas máns unhas estupendas fotos dos Celtas de Paradaseca que non nos resistimos a compartir, ei as tedes, os lexendarios Celtas nos seus mellores anos.

CARLOS CHARLES RODRÍGUEZ MARTINES


















Hoxe enterámonos da triste nova de que o 15 de Maio deste ano finou en Elizabeth, Nova Jersey, á idade de 93 anos o músico galego Carlos Rodríguez Martines, que foi veciño de Paradaseca e cabeza visible do celebérrimo grupo quirogués “Os celtas de Paradaseca”. Dende a nosa humilde ventá queriamos renderlle unha sentida homenaxe a aquel que tanta ledicia levou coa súa musica por todas as aldeas do lugar, sendo Bendilló unha delas. E que mellor homenaxe que lembrar a súa traxectoria recollida no artigo publicado en “A Nosa Terra” (nº 1242, novembro 2006) por Xose P. Mondelo.


OS CELTAS DE PARADASECA.

Os Celtas de Paradeseca foi a agrupación musical quiroguesa de máis sona. Conformada primeiro como un quinteto, para logo se constituír definitivamente como cuarteto de gaita, requinto, caixa e bombo, a súa presenza era obrigada en tódolos lugares da contorna que se prezasen de armar unha festa como é debido. Da montaña ao val, non había ramista de comisión que non devecese por contar co seu concurso, quedando xa, dun ano para o outro, apalabrada a súa actuación.

Carlos Rodríguez Martines, o seu recordado creador, provén dunha estirpe músical. Seu avó fora un gaiteiro ben coñecido, o tío Juanito, que din que chegou a tocar perante a corte do rei Afonso XIII. E seu pai, que marchara a principios do século para o Norte, integrárase alí nunha banda masónica norteamericana, onde tocaba o requinto. O seu fillo Carlos xa naceu en América, regresando toda a familia para Paradaseca no 1924, cando o neno tiña oito anos. Un día do ano 1926, despois de ver unha actuación de Os Trintas de Trives, nas festas de Quiroga, o rapaz decidiu que a súa vida estaría para sempre dedicada á musica. Pediulle a seu pai que lle ensinase os misterios do requinto, as nocións musicais básicas e ata hoxe. Despois de percorrer cos Celtas todo o país quirogués e as terras de Lemos, Brollón, de Trives e Caldelas, de Valdeorras e do Bierzo, competindo cos propios Trintas de Trives e cos Trabazos de Caldelas, para os que acabaría facendo arranxos musicais, o Carlos marchou de novo para América no ano 1950 –logo de estar preso e canso de ser molestado polas forzas da orde, el que fora un entusiasta republicano que pasara longos anos agochado nunha cova e fuxido polas serras-. Alí, durante máis de vinte anos, dirixiu a agrupación folclórica Terra a Nosa da Casa Galicia de Nova Iorque e fundou numerosas orquestras de música española e latinoamericana (Trovadores de España, Ecos de España) así como unha orquestra de jazz (The Golden Echoes) na que tocoba marabillosamente o saxo alto, como antes o fixera co requinto, co clarinete e coa gaita. Carlos Rodríguez Martines vive actualmente en Nova Jersey e garda un recordo emocionado dos moitos músicos populares quirogueses dos que aprendeu a sentir a paixón musical: de Eladio, o cego de Outeiro do Courel e de Celia, a súa filla; de Francisco, o Pata de Pau, de Parada de Lor; do Lelo e do Mingos de Os Novaes; do Manuel, o gaiteiro do Toxo, de San Clodio; de Felisa, a gaiteira de Bendilló... Mais de quen garda a máis doce memoria é dos seus vellos amigos e compañeiros dos Celtas, aínda felizmente vivos coma el, uns en Quiroga e outros en diferentes lugares de Ámérica: de Feliciano, o grande bombeiro de Paradaseca (o que non levará zoupado no seu bombo, grande como unha fogaza, o bo do Feliciano!); de Euxenio, o do requinto, e de seu irmán Camilo, o da gaita de chaves, que reside en Bos Aires; de Xaime, o da caixa, que reside en Nova Iorque, cabo do seu irmán Carlos... e do señor Daniel, o pai de ambos, o músico que xa tocara de noviño en América e que co seu maxisterio formara a toda unha xeración de rapaces que fixeron de Paradaseca un dos lugares onde con máis forza agromou o amor pola música da nosa terra.

Desde esta beira do atlántico quixeramos que chegase até don Carlos Rodríguez Martines a sentida gratitude dos veciños do val polos ledos días que pasaron ao son do seu requinto e da súa gaita, durante aqueles anos tristes da posguerra nos que a música dos Celtas de Paradaseca aloumiñara tantos corazóns machucados.

X. PÉREZ MONDELO



domingo, 1 de agosto de 2010

ANTONIO NOGUEIRA ABELAIRA



Antonio Nogueira Abelaira naceu en Bendilló o seis de decembro de 1913 as seis da mañá, foi o segundo dos catro fillos que tiveron Faustino Nogueira e Gertrudis Abelaira, a mala sorte quixo que él e mais os seus irmáns quedasen orfos moi cedo, nunhos tempos nos que habia moita necesidade; cos anos convertiuse en practicante, músico e barbeiro, nin mais nin menos, na súa casa (que tiña por nome a Casa da Hedra segundo contan os mais vellos), sempre habia xente, alguen que se viña afeitar outro a poñer unha inxeccion, era un home a decir de todos bo e cariñoso.
Na foto vemos a factura dunha caixa que mercou nunha tenda de Vitoria (Daquela non habia internet pero comprabase a distancia igual ca hoxe e o paquete viña no tren). Como tamborileiro tocaba a caixa na compaña doutros músicos de Bendilló, un dos grupos dos que formou parte, estaba composto por Dioniso Carretero no clarinete, Cesareo Campos no bombo, Jose Rodríguez Gonzalez na gaita e o noso protagonista na caixa.
A saúde de Antonio nunca foi boa, de neno tivera un accidente que o deixou medio encorvado polo que con frecuencia ia tomar os baños a Baños de Molgas, quizais por eso quedou solteiro, o caso foi que con só 53 anos, ainda novo, finou na aldea de Bendilló, deixou familia e amigos e un bo recordo na memoria de todos eles.